Con este vídeo facemos un resumo das actividades desenvolvidas nos proxectos do centro (Proxecta, Contrato-Programa e Innovación), sendo o tramo final o que corresponde ó STARgal
xoves, 23 de xuño de 2016
xoves, 9 de xuño de 2016
Hora de facer balance!!!
Chega o fin de curso, e con el o momento de mirar atrás e comprobar que, canto e como de ben fixemos o que nos propoñíamos.
Como xa sabedes, o día 10 de maio lanzamos á web o noso concurso STARgal, que tiña dúas modalidades de participación:
Como xa sabedes, o día 10 de maio lanzamos á web o noso concurso STARgal, que tiña dúas modalidades de participación:
- OlloSTARgal, ou creación de videopoemas a partir dunha peza de Manuel María que se sorteou en público (emitido vía Periscope). Esta competición foi gañada por Pablo García e Andrea Outeiral, alumnos de 4º do IES A Cachada.
- RañaSTARgal, competición online sobre 4 videoxogos creados no seo do Proxecta Aprendo Progamando e coa axuda dos monitores do Contrato Programa STARcach. Os 4 videoxogos están na páxina rañaSTARgal, 2 eran Pasapalabras (de vocabulario galego en xeral e de Manuel María), e 2 xogos de habilidade, un sobre a historia de Pardo de Cela e outro sobre o uso correcto de expresións gramaticais galegas. Esta competición foi gañada por alumnado do IES Johan Carballeira.
Quedamos moi contentos de ter feito esta actividade, e agardamos para o ano repetir e facela mellor: anunciar con tempo o concurso (este ano soubemos que estaba aprobado o día 2 de maio, 8 días antes!), facelo o máis transparente posible, e conseguir que participe moita xente en toda Galicia.
Pero sobre todo: estamos felices de que o noso alumnado participase, de que axudase a crear as probas (as online e as físicas, no noso insti A Cachada), de que aprendese, e de que disfrutase. Se queredes aprender algo máis sobre robótica, consultade os nosos videotitoriais en STAR Cach
Creatividade e aprender disfrutando, como din os Pizarro! ;)
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)