luns, 1 de maio de 2017

STARgal 2017

Benvidos á segunda convocatoria do noso concurso STARgal.
Se sodes alumnado de Primaria ou Secundaria Obligatoria podedes participar, sempre da man dun ou dunha profe do voso centro.

Neste blog podedes ver videoxogos que imos facendo, pero os do concurso non estarán pendurados ata a mañá do 16 de maio. Cómpre inscribirvos neste formulario para participar, e tedes toda a información e bases na páxina do proxecto.

Este ano hai dúas categorías, con cadanseu premio:

  • STARgal Base: Primaria e 1ºESO
  • STARgal Avanzado: 2º-3º-4º ESO
En cada categoría xógase a 4 probas: un pasapalabra temático (STARgal Base, sobre léxico galego; STARgal Avanzado, sobre Tecnoloxía), un xogo de preguntas e respostas sobre Carlos Casares e dous xogos de habilidade.

Cada concursante dispón de 20 minutos para xogar, e as puntuacións deben enviarse ó correo cachavideo@gmail.com cunha proba acreditativa (captura de pantalla, foto, etc).

Xa temos videoxogos!

O alumnado de 2º e 3º está a traballar arreo para deseñar os videoxogos sobre os que versará o STARgal. Podedes ver os que imos seleccionando na nosa páxina "Videoxogos", e aquí vos deixamos unha mostra: o Demo do Castelo, por Mario Outeiral, de 2ºF