luns, 1 de maio de 2017

STARgal 2017

Benvidos á segunda convocatoria do noso concurso STARgal.
Se sodes alumnado de Primaria ou Secundaria Obligatoria podedes participar, sempre da man dun ou dunha profe do voso centro.

Neste blog podedes ver videoxogos que imos facendo, pero os do concurso non estarán pendurados ata a mañá do 16 de maio. Cómpre inscribirvos neste formulario para participar, e tedes toda a información e bases na páxina do proxecto.

Este ano hai dúas categorías, con cadanseu premio:

  • STARgal Base: Primaria e 1ºESO
  • STARgal Avanzado: 2º-3º-4º ESO
En cada categoría xógase a 4 probas: un pasapalabra temático (STARgal Base, sobre léxico galego; STARgal Avanzado, sobre Tecnoloxía), un xogo de preguntas e respostas sobre Carlos Casares e dous xogos de habilidade.

Cada concursante dispón de 20 minutos para xogar, e as puntuacións deben enviarse ó correo cachavideo@gmail.com cunha proba acreditativa (captura de pantalla, foto, etc).

Xa temos videoxogos!

O alumnado de 2º e 3º está a traballar arreo para deseñar os videoxogos sobre os que versará o STARgal. Podedes ver os que imos seleccionando na nosa páxina "Videoxogos", e aquí vos deixamos unha mostra: o Demo do Castelo, por Mario Outeiral, de 2ºF

luns, 27 de marzo de 2017

Comezamos a emitir en RadioCACH!

Escoitade que interesante o especial sobre Internet of Things que fixeron Ainhoa, Laura, Gabriela e Gisela!

venres, 17 de marzo de 2017

Primeiros logros co Mblock

Este ano comezamos unha nova andaina robótica coa casa Mblock: polo de agora os equipos van mellor que o curso pasado, e así, en 4º, xa puidemos ir facendo algunha das propostas que Susana Ouviña fai no seu manual "Divirtíndome con Mblock". Aí quedan os testemuños!