O martes 10 de maio propoñemos a todos os centros de secundaria de Galicia competirmos xuntos no #STARgal: un proxecto elaborado no IES A Cachada, Boiro, para demostrar que as TIC e o galego poden e deben ir da man se queremos construír unha sociedade máis sólida e preparada.
A competición será virtual e consistirá en 2 probas:
- RañaSTARgal, unha competición de habilidade e coñecementos a través de videoxogos elaborados polo noso alumnado con Scratch
- OlloSTARgal, un concurso de videopoemas elaborados con móbil, organizado en colaboración co Festival Audiovisual Escolar Olloboi
Entra en cada pestana para saber máis sobre como funcionará cada competición e os premios correspondentes.
Entre tod@s, podemos frenar o retroceso do galego. O primeiro paso é reivindicar o seu uso nas áreas de prestixio laboral e social actuais: o audiovisual, a robótica e a programación.
Para máis info,
cachavideo@gmail.com
Esta actividade conta co apoio económico da Xunta de Galicia, a través das axudas a Innovación en Dinamización Lingüística
Para máis info,
cachavideo@gmail.com
Esta actividade conta co apoio económico da Xunta de Galicia, a través das axudas a Innovación en Dinamización Lingüística
Ningún comentario:
Publicar un comentario